Friday 17 de May de 2024

Dezasete veciños asistiron á xornada de autoemprego do Viveiro de Empresas


Un total de 17 veciños participaron na xornada sobre autoemprego celebrada hoxe no Viveiro de Empresas de Riveira: unha acción organizada polo Concello en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago.

De dúas horas de duración, a iniciativa contou ademais de coa intervención da técnica da Cámara de Comercio de Santiago Sandra Becerra que abordo distintos contidos como que é necesario para emprender, as características da persoa emprendedora ou como funciona un viveiro de empresas.

Tamén contou coa participación do riveirense Jonatan Fernández, un dos máis recentes emprendedores que se instalou no Viveiro de Empresas, contando a súa experiencia empresarial e as vantaxes de contar cun espazo neste viveiro.

Jonatan incorporouse no mes de febreiro e ten unha empresa de xestión deportiva e preparación física, encargándose tanto da xestión e organización de eventos e ligas deportivas (na actualidade encárgase da Liga Galega de Traiñeiras) como da planificación do adestramento persoal de clubs, deportistas e particulares.

Actualmente cinco das nove oficinas do viveiro están ocupadas.